viernes, 31 de marzo de 2017

Lunaticus Circus

Hoxe visitamos o Pazo da Cultura de Pontevedra para asistir ao XVIII Salón do Libro.




Vimos unha obra de teatro moi entretida, Lunáticus Circus, un circo para soñar, rir, viaxar e xogar a transformar a realidade.






















Encantounos!!






jueves, 23 de marzo de 2017

Pablo e o fútbol


Ola! Chámome Pablo e este é o meu experto de fútbol.





Aquí estou explicando as regras do Fútbol e estou contento por facer o experto do tema que máis me gusta.







Estou explicando os arbitros que arbitraron ó Moaña.




Trouxen unhas fotos de cando fun a Barcelona a ver o Camp Nou eas copas do Barca. Hai tamén unhas fotos onde salgo coa miña irmá e tamen con Messi e Neymar JR.




Cando viñeron as preguntas estaba moi feliz!

Entroido en 3ºA

 
 

Entroido en 3ºA

 


O xoves  23/2/17 a mestra deixounos vir á escola disfrazados do que quixéramos e así vimos.
Señores do mal, princesas, super héroes e máis personaxes, estivemos todos xunt@s na clase!!!
 
 


 
 
Antes de disfrutar da nosa estupenda actuación de Europe's Living a Celebration, que tanto disfrutamos e tan ben fixemos, a mestra nos fixo esta foto na que cada un vai coa bandeira do país que lle tocou da Unión Europea.
Foi moi divertido!!! Por máis días coma estes...

miércoles, 22 de marzo de 2017

André: Experto en Yo-Kai.


Los yo-kai me encantan!!

Primero hablé de los padres de Nhatan. Después de sus amigos, también de los yo-kais, los personajes del juego y de los relojes yo-kai. Las medallas, hay más de 100 medallas yo-kais para ser exactos hay 247 y un montón de  distintos tipos de yo-kais. 



Aquí están los dibujos de los yo-kai que le regalé a mis compañeros/as para que los coloreen.


Aquí queda mi presentación!!



Educación Vial

Hoxe veu ao cole a DGT para lembrarnos as normas básicas sobre a seguridade vial.

Montou un circuito no pavillón e explicounos como camiñar e cruzar a rúa respetando os semáforos e paso de peóns, aprender a ver e ser vistos, empregar correctamente a bicicleta cando se pasea usando o casco e respetando as normas. 


Pasámolo moi ben como peóns e conductores de bicicletas!!!

jueves, 16 de marzo de 2017

Experta Inés

Inés e..... a pesca, a súa familia e o Bruño.



Inés contounos, que lle gusta ir moito de pesca co seu pai por Beluso e estar coa súa familia.



Outra das cousas que máis lle gusta é axudar na cociña os fins de semana no restaurante dos seus pais. Ensinounos a carta dos viños e a do menú degustación. Que boa pinta!! 






E para rematar como mostra da boa cociñeira que é, trouxonos unha torta que estaba deliciosa. 

Moitas grazas Inés!!!





Experta: Sabela Martínez



O BALONCESTO

Xa sabemos un pouco máis de Baloncesto!! Sabela explicounos como se practica este deporte, as súas reglas, número de xogadores, tipo de calzado....






Aquí está Sabela como xogadora na Tempada 2015/16





Experto: Dani

O ATLETISMO

Dani falounos do Atletismo. Explicounos a roupa e o calzado que se emprega para correr, as categorías, onde se practica e os nomes dalgúns  atletas famosos, como Jesse Owens.







Experta Ana

Os Instrumentos

Ana falounos dos Instrumentos de vento, corda e percusión. Trouxo a clase unha gran cantidade deles, que puidemos observar e tocar. 



Tamén nos falou dos antigos e os máis modernos. Aquí quedan algunhas fotos.
































martes, 14 de marzo de 2017

A nosa Saúde

COMO NOS COIDAMOS!!


Fixemos de médicos na CLASE e medimos as PULSACIÓNS DO CORAZON. Empregamos un Fonendoscopio e o resultado foi que todos/as gozamos de moi boa saúde!!