Mostrando entradas con la etiqueta Club de Lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club de Lectura. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de abril de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR 2018



Celebramos o luns 23 de abril o Día do Libro. Foi unha xornada moi especial para promover a lectura. Os alumnos/as de 4º foron padriños/madriñas dos máis pequenos (infantil, 1º e 2º de primaria). 


Compartiron con eles momentos de lectura en lugares moi diversos do cole como no patio, no pavillón, nos corredores, no ximnasio...
Aquí quedan algunhas fotos do momento.




















Os afillados e afilladas regaláronlle estes fermosos agasallos!!







LEMBRA....  que hai que ler todos os días para ser un bo Lector/a. Aquí quedan as posturas para Ler... Cal é a túa?


Felices Lecturas!!

sábado, 24 de marzo de 2018

Día da Poesía

Que es poesía? Dices mientras clavas
en mi pupila tu pupila azul;
Qué es poesía...? ¿Y tú me lo preguntas?
!Poesía...eres tù!


RIMA XXI Gustavo Adolfo Bécquer


Con estes versos, tan coñecidos do escritor sevillano G. Adolfo Bécquer, comezamos a Semana da Poesía.
Os alumnos/as convertéronse nuns auténticos poetas, creando na aula poesías con diferentes temáticas (vento, río, flores, mar, estrelas, peixes...)

Aquí podedes ver os traballos realizados.









E para celebrar o día mundial da Poesía (21 de marzo) o xoves participaron no 4º Certame poético na biblioteca do cole. Así de ben o fixeron!!

Pica no enlace para ver a presentación das poesías.






jueves, 5 de octubre de 2017

Club de Lectura

Este curso estreamos unha nova actividade, o club de lectura para todos os alumnos/as de 4º curso.Temos moitas ganas de ler e de compartir experiencias literarias.

A nosa primeira lectura será Escarlatina, a cociñeira defunta e Las Brujas. Os alumnos/as de 4ºA comenzarán co libro de Escarlatina e os de 4ºB co das Brujas. No 2º trimestre os intercambiamos.

Escarlatina, é unha obra da galega Ledicia Costas que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015. 

Trata de Román, un neno de 11 anos, que naceu o día dos defuntos. Polo seu aniversario recibe un agasallo inesperado. E é así como coñece a Escarlatina, unha cociñeira, que xuntos van a emprender unha viaxe para elaborar unha receita para vivos e mortos.
Umhhhhh...que boa pinta!!


Las Brujas, é unha novela infantil fantástica escrita por Roald Dahl, un gran autor de literatura infantil. Comenzou o seu traballo para nenos ao escribir o que lle contaba aos seus fillos.

Narra a historia dun neno de 7 anos, que coa axuda da súa avoa, ten que enfrentarse a unha terrible asociación de bruxas de Inglaterra. Pero estas bruxas non son como as que aparecen nos contos de fadas... son bruxas de VERDADE. 
Conseguirán  vencelas o protagonista e a súa avoa?

IREMOS INFORMANDO e BOAS LECTURAS!!