sábado, 14 de octubre de 2017

Ruta Ermelo-Coiro

O venres 13 de outubro fixemos unha andaina dende Ermelo (Bueu) ata a Fraga de Coiro, para coñecer o espazo natural que nos rodea. Unha ruta onde observamos un importante bosque autóctono Atlántico da costa sur de Galicia.
Partimos dende o Monte de Ermelo e fomos baixando pola marxe do río Bouzós ata chegar a fermosa igrexa de Coiro. 
Un pouco cansos, pero foi unha boa aventura!!


Preme no seguinte enlace para ver a presentación.

https://quik.gopro.com/v/aZ537Emcak/

miércoles, 11 de octubre de 2017

Semana da Alimentación e o Cine



A vindeira semana, imos a visionar a película La Princesa y el Sapo (2009) de Disney.  A protagonista é Tiana, unha nena que soña con abrir un restaurante, pero necesita moitos cartos. Cando está moi preto de conseguilos, atópase cun sapo que fala... e  promételle que lle dará os cartos que  faltan si o bica. Que fará Tiana? Que pasará si o bica?

Aquí queda o Trailer


jueves, 5 de octubre de 2017

Club de Lectura

Este curso estreamos unha nova actividade, o club de lectura para todos os alumnos/as de 4º curso.Temos moitas ganas de ler e de compartir experiencias literarias.

A nosa primeira lectura será Escarlatina, a cociñeira defunta e Las Brujas. Os alumnos/as de 4ºA comenzarán co libro de Escarlatina e os de 4ºB co das Brujas. No 2º trimestre os intercambiamos.

Escarlatina, é unha obra da galega Ledicia Costas que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015. 

Trata de Román, un neno de 11 anos, que naceu o día dos defuntos. Polo seu aniversario recibe un agasallo inesperado. E é así como coñece a Escarlatina, unha cociñeira, que xuntos van a emprender unha viaxe para elaborar unha receita para vivos e mortos.
Umhhhhh...que boa pinta!!


Las Brujas, é unha novela infantil fantástica escrita por Roald Dahl, un gran autor de literatura infantil. Comenzou o seu traballo para nenos ao escribir o que lle contaba aos seus fillos.

Narra a historia dun neno de 7 anos, que coa axuda da súa avoa, ten que enfrentarse a unha terrible asociación de bruxas de Inglaterra. Pero estas bruxas non son como as que aparecen nos contos de fadas... son bruxas de VERDADE. 
Conseguirán  vencelas o protagonista e a súa avoa?

IREMOS INFORMANDO e BOAS LECTURAS!!

lunes, 2 de octubre de 2017

Xa estamos en 4º!!



Ola!!! xa estamos aquí, un curso novo nos agarda... Que emoción! Que ganas! Libros novos, cadernos sen empezar, moitos lapis para sacarlle  punta e ... moitas cousas novas que aprender.

COMEZAMOS