Mostrando entradas con la etiqueta TraballosViaxeiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TraballosViaxeiros. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de noviembre de 2016

Libro das recomendacións

Recomendacións para o voso día a día, e de tódolos aspectos, desde receitas, ata coidar o medio ambiente, pasando por como limpar algo en concreto. A desfrutalo!


Libro de descricións

Propoñemos un xogo nas casas: que leades as descricións dos lugares que escollenos, e tratedes de imaxinar como é o sitio segundo o describimos. Logo podédeslle dar a volta á páxina e descubrir se o imaxinastes tal cual nós!


Libro de etiquetas

E outro libro máis! Non paramos...

Fixemos un traballo de investigación e de paso aprendemos a interpretar as etiquetas dos alimentos.

Como lle estamos collendo o gusto a esto de facer os nosos propios libros, pois fixemos este tamén!


Historias do Samaín

Con moito medo esperamos ler todas as historias que escribimos para o Samaín. O libro irá de casa en casa, e esperamos asustar ás nosas familias xa de paso.

Comentaremos con ganas como reaccionaron nas nosas casas ao escoitar semellantes historias!


lunes, 17 de octubre de 2016

Libro das instrucións

Outro traballo viaxeiro que empezar a ir de casa en casa! Este sobre instrucións de distintos tipos: receitas, construción, ciencia, experimentos... imos animarnos e probalas todas nas nosas casas. E xa vos iremos escribindo nos comentarios que tal se nos deu.


viernes, 14 de octubre de 2016

O periódico

Xa está a circular polas casas o noso primeiro traballo viaxeiro: o periódico. Irá de casa en casa para que todos poidamos velo con calma, e ensinarllo ás nosas familias.

Esta entrada é para que poñamos nos comentarios cada un de nós, que nos pareceu este traballo que tanto nos agradou facer.