domingo, 24 de diciembre de 2017

Fin do Trimestre

Unha boa maneira de Alimentarnos coa arte e coller forzas para o próximo trimestre é.......cunha CHOCOLATADA. 
Ummhhh!!! Rica, rica...






Felices Festas!! Vémonos á volta!!



domingo, 3 de diciembre de 2017

Seguimos coa Arte...Kandinsky


Seguimos traballando no noso proxecto Aliment-arteE nesta ocasión, os alumnos/as  elaboraron un gran cadro inspirándose na obra de Kandinsky, "Cuadrados con círculos concéntricos, 1913". Por parellas e sobre papel foron elaborando círculos coas ceras brandas, o que se aproveitou para traballar: a psicomotricidade fina, as cores, forma xeométrica o círculo, comparación de tamaños...

Coas producións dos alumnos/as, elaboramos un gran cadro. Este é o resultado.
 Así de bonito quedou!!



Para SABER un pouco máis deste pintor...

Wassily Kandinsky naceu en Rusia o 4 de decembro de 1866. Era un home que lle gustaba moito a música, o teatro, a literatura e a arte. Fixo económicas, pero o que realmente lle entusiasmaba era a pintura abstracta, polo que foi mestre de pintura. Este pintor empregaba as formas xeométricas (cadrado, triángulo e círculo) en moitas obras, ademáis do punto e a liña como formas básicas. As cores eran moi importante e as que máis empregaba eran o azul, amarelo e vermello. Pasou o seus últimos días en Francia, e alí morreu no ano 1944.


Algunhas das súas obras son:

Cuadrados con círculos concéntricos, 1913
En Blanco II, 1923
Cielo Azul



Composición Nº 8, 1923

Alrededor del círculo, 1940

Xoga cos cadros de Kandinsky...