Erase una vez...la Vida era unha serie moi popular dos anos 80. Emitiuse por primeira vez no ano 1983 e daba leccións sobre anatomía, medicina...explicando aos máis pequenos, por medio duns personaxes moi simpáticos, cómo funcionaba o corpo humano.
Aquí quedan uns episodios desta serie, que están relacionados co cerebro e os sentidos.
Seguimos traballando no noso proxecto Aliment-arte. E nesta ocasión, os alumnos/as elaboraron un gran cadro inspirándose na obra deKandinsky, "Cuadrados con círculos concéntricos, 1913". Por parellas e sobre papel foron elaborando círculos coas ceras brandas, o que se aproveitou para traballar: a psicomotricidade fina, as cores, forma xeométrica o círculo, comparación de tamaños...
Coas producións dos alumnos/as, elaboramos un gran cadro. Este é o resultado.
Así de bonito quedou!!
Para SABER un pouco máis deste pintor...
Wassily Kandinsky naceu en Rusia o 4 de decembro de 1866. Era un home que lle gustaba moito a música, o teatro, a literatura e a arte. Fixo económicas, pero o que realmente lle entusiasmaba era a pintura abstracta, polo que foi mestre de pintura. Este pintor empregaba as formas xeométricas (cadrado, triángulo e círculo) en moitas obras, ademáis do punto e a liña como formas básicas. As cores eran moi importante e as que máis empregaba eran o azul, amarelo e vermello. Pasou o seus últimos días en Francia, e alí morreu no ano 1944.
Comezamos cunha pintora surrealista galega, Maruja Mallo. Naceu en Viveiro o 5 de xaneiro de 1902 e finou en Madrid o 6 de febreiro de 1995. Foi unha muller fascinante, pioneira da arte moderna e do feminismo.
A súa obra vai dende o debuxo á fotografía, pasando por collages, aplicacións xeométricas...Entre as súas obras, aparece El Racimo de Uvas (1944).
E os alumnos/as de 4ºA e 4ºB, tras observar a obra orixinal, compuxeron o seu bodegón con círculos estampados.
O venres 13 de outubro fixemos unha andaina dende Ermelo (Bueu) ata a Fraga de Coiro, para coñecer o espazo natural que nos rodea. Unha ruta onde observamos un importante bosque autóctono Atlántico da costa sur de Galicia. Partimos dende o Monte de Ermelo e fomos baixando pola marxe do río Bouzós ata chegar a fermosa igrexa de Coiro. Un pouco cansos, pero foi unha boa aventura!! Preme no seguinte enlace para ver a presentación.