O aeroporto de Peinador (Vigo) atópase a 9 km da cidade de Vigo, en terreos dos municipios de Vigo, Redondela e Mos. Hoxe fomos a visitalo, para coñecer máis de cerca as actividades que alí se realizan.
Comezamos o recorrido como pasaxeiros/as.
A continuación visitamos outras dependencias menos coñecidas, como a labor dos bombeiros na extinción dos incendios ou as tarefas dos servizos de control de fauna.
Gustounos moito esta visita e xa estamos preparados/as para iniciar unha viaxe.
Erase una vez...la Vida era unha serie moi popular dos anos 80. Emitiuse por primeira vez no ano 1983 e daba leccións sobre anatomía, medicina...explicando aos máis pequenos, por medio duns personaxes moi simpáticos, cómo funcionaba o corpo humano.
Aquí quedan uns episodios desta serie, que están relacionados co cerebro e os sentidos.
Seguimos traballando no noso proxecto Aliment-arte. E nesta ocasión, os alumnos/as elaboraron un gran cadro inspirándose na obra deKandinsky, "Cuadrados con círculos concéntricos, 1913". Por parellas e sobre papel foron elaborando círculos coas ceras brandas, o que se aproveitou para traballar: a psicomotricidade fina, as cores, forma xeométrica o círculo, comparación de tamaños...
Coas producións dos alumnos/as, elaboramos un gran cadro. Este é o resultado.
Así de bonito quedou!!
Para SABER un pouco máis deste pintor...
Wassily Kandinsky naceu en Rusia o 4 de decembro de 1866. Era un home que lle gustaba moito a música, o teatro, a literatura e a arte. Fixo económicas, pero o que realmente lle entusiasmaba era a pintura abstracta, polo que foi mestre de pintura. Este pintor empregaba as formas xeométricas (cadrado, triángulo e círculo) en moitas obras, ademáis do punto e a liña como formas básicas. As cores eran moi importante e as que máis empregaba eran o azul, amarelo e vermello. Pasou o seus últimos días en Francia, e alí morreu no ano 1944.