sábado, 17 de marzo de 2018

Ciencias: O Aparato Locomotor


Como funciona o aparato locomotor? 



Para que serve o esqueleto?




Que son os músculos?



Fai clic no seguinte enlace para xogar cos ósos e músculos: http://www.cokitos.com/game.php?id=660

Resolve o CRUCIGRAMA  sobre as partes do corpo. Fai clic no seguinte enlace//juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/juego/crucigramas/cuerpo-humano




sábado, 10 de febrero de 2018

Os Xamonen@s do Entroido 2018




O venres, 9 de febreiro celebramos o entroido no cole. Este ano foi un ENTROIDO COMEDOIRO... polo que pensando, pensando.... decidimos disfrazarnos de Xabaríns cunha ración de Xamón!!


Celebramos no pavillón un festival con desfile, merenda e baile. Pasámolo xenial!!
Aquí quedan algunhas fotos dos ensaios e da actuación.

 






















Ademáis do disfraz, tamén participamos no concurso de debuxo para o CARTEL do ENTROIDO 2018... e con moito traballo, ganas e ilusión, así de ben  quedou adornada a nosa corcheira. 
Tod@s uns Artistas!!


O antes.....




e o despois.


PARABÉNS para Breixo Santos, que foi un dos gañadores!!


MOITAS GRACIAS ás familias pola súa colaboración, na realización dos chalecos, na colocación e recollida das mesas para a merenda e na elaboración dos doces típicos do entroido....Riquísimoooosss!!


Bo Entroido!! 






sábado, 3 de febrero de 2018

Cociñando a Paz!!

O pasado martes 30 de xaneiro, celebramos o "Día escolar da non violencia e a Paz" no cole. 







Reunímonos todos os nenos/as e mestres no patio do cole para cantar a canción TOC TOC de Pablo Díaz.











A continuación algúns alumnos/as de infantil e primaria leron unha serie de RECEITAS para poder cociñar entre todos a PAZ.



viernes, 26 de enero de 2018

A coñecer Peinador!!

O aeroporto de Peinador (Vigo) atópase a 9 km da cidade de Vigo, en terreos dos municipios de Vigo, Redondela e Mos.

Hoxe fomos a visitalo, para coñecer máis de cerca as actividades que alí se realizan.



Comezamos o recorrido como pasaxeiros/as. 






A continuación visitamos outras dependencias menos coñecidas, como a labor dos bombeiros na extinción dos incendios ou as tarefas dos servizos de control de fauna.













Gustounos moito esta visita e xa estamos preparados/as para iniciar unha viaxe.

sábado, 20 de enero de 2018

Ciencias: A función de Relación


Erase una vez...la Vida era unha serie moi popular dos anos 80. Emitiuse por primeira vez no ano 1983 e daba leccións sobre anatomía, medicina...explicando aos máis pequenos, por medio duns personaxes moi simpáticos, cómo funcionaba o corpo humano.
Aquí quedan uns episodios desta serie, que están relacionados co cerebro e os sentidos. 
Esperamos que vos gusten!!



O Cerebro


A Vista


O Oído


O Gusto

A Pel

miércoles, 17 de enero de 2018

Parabéns Aitor e Rubén!!

Hoxe o Coro de 4ºA e 4ºB, felicitaron a Rubén e Aitor polo seu aniversario. Así de ben lles quedou. 
Moitas Felicidades!!

miércoles, 10 de enero de 2018

Xa chega o Entroido!!

Falta moi pouco para o Entroido 2018...e este curso imos a disfrazarnos de???
De momento aquí queda o vídeo "Quero Xamón" de Miguel Costas e Aerolíneas Federales, mítica canción do Xabarín Club. 
Todos preparados para cantala?
Seguiremos informando...