jueves, 5 de octubre de 2017

Club de Lectura

Este curso estreamos unha nova actividade, o club de lectura para todos os alumnos/as de 4º curso.Temos moitas ganas de ler e de compartir experiencias literarias.

A nosa primeira lectura será Escarlatina, a cociñeira defunta e Las Brujas. Os alumnos/as de 4ºA comenzarán co libro de Escarlatina e os de 4ºB co das Brujas. No 2º trimestre os intercambiamos.

Escarlatina, é unha obra da galega Ledicia Costas que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015. 

Trata de Román, un neno de 11 anos, que naceu o día dos defuntos. Polo seu aniversario recibe un agasallo inesperado. E é así como coñece a Escarlatina, unha cociñeira, que xuntos van a emprender unha viaxe para elaborar unha receita para vivos e mortos.
Umhhhhh...que boa pinta!!


Las Brujas, é unha novela infantil fantástica escrita por Roald Dahl, un gran autor de literatura infantil. Comenzou o seu traballo para nenos ao escribir o que lle contaba aos seus fillos.

Narra a historia dun neno de 7 anos, que coa axuda da súa avoa, ten que enfrentarse a unha terrible asociación de bruxas de Inglaterra. Pero estas bruxas non son como as que aparecen nos contos de fadas... son bruxas de VERDADE. 
Conseguirán  vencelas o protagonista e a súa avoa?

IREMOS INFORMANDO e BOAS LECTURAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario