Celebramos o luns 23 de abril o Día do Libro. Foi unha xornada moi especial para promover a lectura. Os alumnos/as de 4º foron padriños/madriñas dos máis pequenos (infantil, 1º e 2º de primaria).
Compartiron con eles momentos de lectura en lugares moi diversos do cole como no patio, no pavillón, nos corredores, no ximnasio...
Aquí quedan algunhas fotos do momento.
LEMBRA.... que hai que ler todos os días para ser un bo Lector/a. Aquí quedan as posturas para Ler... Cal é a túa?
Os afillados e afilladas regaláronlle estes fermosos agasallos!!
Felices Lecturas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario